Monday 13 de May de 2024

Buses nocturnos para as festas máis concorridas das próximas semanas


A petición do Concello, para facilitar unha mobilidade segura durante as festas que se celebren as próximas fins de semana, a empresa Alsa prestará servizo de autobús nocturno para regresar á casa ao remate das verbenas e concertos que se agardan máis concorridas. Así, está previsto autobús nocturno para as festas de Mera, Lorbé, Santa Cruz e Perillo.

No caso das festas de Santa Ana de Mera, as próximas en celebrarse, haberá bus as noites do sábado 22, luns 24 e mércores 26. A saída será da parada do Nai Pai ás 3:30 horas o sábado e o luns e ás 2:30 horas o mércores. As paradas desta liña especial serán: Nai Pai, Mera, A Pereira, O Cubo, Aba, Bar A Escola, O Couto-Lorbé, A Valexa, Os Galgos, Arillo de Arriba, Arillo, O Couto-Dorneda, Aguarrío, gasolineira de Santa Cruz, Coruxo, avda. Venezuela, A Pezoca (intersección) e Oleiros (Casa do Concello).

Nas festas de Lorbé, o bus partirá ás 3:30 horas as noites do xoves 3 e venres 4, e o itinerario será o da liña regular, con chegada a Entrexardíns. Nas festas de e Santa Cruz haberá bus nocturno o venres 18, sábado 19, luns 21 e martes 22 de agosto, con saída ás 3:30 horas e percorrido ordinario ata Entrexardíns. Nas festas de Perillo haberá buses con saída ás 2:30 e ás 3:30 horas, o venres 1 e sábado 2 de setembro, tamén ata Entrexardíns.

O autobús nocturno é unha ferramenta importante de prevención da seguridade viaria. A concentración de persoas nos eventos festivos permiten ofrecer á cidadanía, especialmente á mocidade, este servizo complementario para o ocio de verán.